ONDE NACEN OS RÍOS



Proxecto para valorar a importancia ecolóxica dos pequenos cursos de auga da comarca, moitas veces pegados ás vivendas, o cal facilita que o alumnado poida estudar e apadriñar estes espazos. O alumnado participante buscaría próximo a súa vivenda un curso de auga sobre o que realizará a valoración do estado. A prolongación do estudo ao longo de varios anos permitiría ter unha rede de estudo, seguimento e evolución destes ecosistemas. Uso da biblioteca para a busca da información para documentar o traballo. 

Obxectivos: 
-Localizar nun mapa topográfico os regatos e manantiais da comarca. 
-Valorar e concienciar da importancia ecolóxica dos pequenos cursos de auga 
-Crear unha rede de seguimento do estado ambiental dos cursos fluviais da zona, pudendo valorar a súa evolución ao longo do tempo. 
-Realizar sinxelos análises físico- químicos da auga, recollendo e analizando os datos obtidos. 
-Facer un inventario de especies dos cursos fluviais valorando o grao de conservación da biocenose do ecosistema. 

Destinatarios: Toda a ESO 

Responsables: Departamento de Bioloxía: David Casado Bravo 

Temporalización: 2º e 3º trimestre

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELABORACIÓN DE ACUARIOS REPRODUCINDO ECOSISTEMAS DA ZONA

UN DÍA NO ACARIUM FINISTERRAE

MULLERES E AUGA