MAR de VIDA: DECORACIÓN DE NADAL

Dende primeiros de decembro temos decorado o comedor cos traballos que fixeron os nenos, nenas e familias do CPI Virxe da Cela. Neste vídeo podedes ver o resultado final así como cada un dos traballos:


MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA CONTRIBUCIÓN¡¡¡



Decoración de Nadal do comedor. Entre toda a comunidade educativa: familias, alumnado, profesorado e persoal non docente queremos crear un mar sobre as nosas cabezas. Para conseguilo enviamos unha circular ás familias dando as indicacións precisas. Primamos na confección destes traballos o uso de materias reciclados e de refugallo e evitamos mercar adornos xa feitos ou materiais específicos.

Obxectivos: 
• Expresarse con creatividade, utilizando as diversas ferramentas e técnicas plásticas e visuais, relacionándoas con outras linguaxes e aplicando nas súas creacións as tecnoloxías da información e da comunicación mais axeitadas. 
• Utilizar a linguaxe plástica para expresarse, contribuíndo á comunicación, reflexión crítica e respecto entre as persoas. 
• Fomentar una actitude respectuosa co medio ambiente e un consumo consciente da limitación dos recursos. 

Destinatarios: Todos os alumnos do centro. 

Responsable: Marta Novo Barreiro, Profesora de EPVA.

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELABORACIÓN DE ACUARIOS REPRODUCINDO ECOSISTEMAS DA ZONA

UN DÍA NO ACARIUM FINISTERRAE

MULLERES E AUGA