GALICIA: LITERATURA E AUGA



O xornal “La voz de Galicia” covoca un concurso de fotografía para escolares , no que se lles pide a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso. A nosa proposta consiste en levar esta actividade a aula integrada nas programacións de Lingua Galega e Educación Plástica. 

Obxectivos: 
-Expresarse con creatividade, utilizando as diversas ferramentas e técnicas plásticas e visuais. 
-Utilizar os recursos informáticos, as tecnoloxías da información e a comunicación no campo da fotografía. 
-Establecer unha actitude positiva ante os novos retos, admitindo os erros e valorando os acertos como parte do proceso de formación do individuo. 

Destinatarios: Alumnado de 5º e 6º de EP e todo o alumnado da ESO 

Responsables: Delfina Gómez, profesora de Lingua Galega Marta Novo Barreiro, profesora de EPVA Camino Pereiro González, Profesora de 5º e 6º de EP 

Temporización: Meses de febreiro e marzo

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELABORACIÓN DE ACUARIOS REPRODUCINDO ECOSISTEMAS DA ZONA

MULLERES E AUGA

UN DÍA NO ACARIUM FINISTERRAE