Entradas

EXPOSICIÓN SOMOS AUGA

Imagen
A biblioteca escolar está a realizar unha interesante e vistosa exposición con todos os traballos realizados polos diferentes niveis/ciclos/departamentos dentro do Proxecto Documental Integrado "Somos Auga". Podedes visitar esta exposición situada na bibliteca escolar e nos corredores do edificio de secundaria e que permanecerá aberta ata o final de curso.

FONTES MILAGREIRAS. PROXECTO SOMOS AUGA

Imagen
Este curso desde a materia de relixión, tomando como referencia o proxecto deste ano do noso cole que se titula “Somos Auga”, realizamos unha investigación sobre as Fontes Milagreiras que se atopan na nosa contorna. A nosa investigación levounos a recoñecer tradicións populares da nosa cultura, a coñecer a importancia da auga para a saúde das persoas e a súa relación coas costumes e tradicións relixiosas, como por exemplo as romarías aos santuarios de augas milagreiras. Tamén fomos, coa nosa profe Begoña, visitar a Fonte de Aranga  que é a que temos máis preto do noso cole. Que fresquiña e rica estaba a auga!!!. Alí gravamos un pequeno documental onde vos falamos da lenda desta fonte e das súas propiedades milagreiras. Esperamos que vos guste. Aquí deixámosvos os vídeos do noso traballo.

SEMANA DA CIENCIA

 Durante os días 21, 22 e 23 de marzo realizamos unha serie de actividades dentro da Semana da Ciencia e da Cultura. Esta é unha revista que presenta un breve resumo de todas aquelas actividades. A revista tamén a tedes en papel nas aulas e na biblioteca do cole:

UN DÍA NO ACARIUM FINISTERRAE

Imagen
Todo o alumnado de Educación Primaria visitou o Acuarium Finisterrae na Coruña. Alí tivemos a oportunidade de realizar a Actividade: Falando cos peixes. Nela puidemos falar e preguntar aos mergulladores as nosas inquedanzas mentres eles daban de comer aos peixes. O Aquarium Finisterrae, Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, é un dos "Museos Científicos Coruñeses". Contén, ademais do "gabinete do Capitán Nemo", mergullado na piscina máis grande de Europa, elementos de museos que propoñen experiencias como tocar estrelas de mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. Tres piscinas exteriores albergan ademais focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo.

LOGO SOMOS AUGA

Imagen
Nos primeiros días do mes de marzo os nenos e nenas do CPI Virxe da Cela estiveron facendo un logo ou unha imaxe que nos poidera servir par identificar este  proxecto. A participación foi de tódalas etapas educativas e así o podedes apreciar nestas imaxes: Somos auga logos de MartaNB

CHOIVA de DESEXOS. DÍA da PAZ

Imagen
  Dentro das actividades que organizamos en conmemoración do Día da Paz, tamén quixemos facer alusión ao noso proxecto e levamos a cabo un pequeno mural entre toda a comunidade educativa titulado:  Choiva de desexos. Cada alumno e alumna preparou unha pinga de auga na que debuxou e/ou escribiu o seu desexo de paz para unilo á choiva do Virxe da Cela: Esta xornada que estivemos a conmemorar baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.

A AUGA DOS RÍOS COMO OBXECTO DE CULTO E PURIFICACIÓN NAS DISTINTAS RELIXIÓNS

Imagen
Dende o Departamento de Relixión realizaremos un proxecto audiovisual. Obxectivos : Descubrir os elementos do feito relixioso e as súas distintas manifestacións na historia e na vida dos pobos, que responden as súas grandes preguntas sobre a existencia.  Interpretar o significado da auga como signo e símbolo purificador nos rituais das distintas relixións. Potenciar o uso oral do galego  TICs. Utilizacion e tratamento de sofware e programas.  Utilización da técnica do chroma key